Deteriorados
Un proxecto de
innovación social interxeracional
para promover o envellecemento activo e desterrar o idadismo


MÚSICA
Formamos una banda musical denominada Deteriorados & Company, que funciona como punta de lanza comunicativa do proxecto


INTERXERACIONALIDADE
Somos un peculiar grupo
de cinco persoas con idades cronolóxicas comprendidas entre
os vinte e os setenta anos
(proximamente)


VOLUNTARIADO
Formamos parte da Universidade de Santiago de Compostela como voluntarios na súa área de Voluntariado, Participación e Cooperación Internacional
(proximamente)

Moito máis que música
Divulgamos dun modo altruista, a través da arte, a música e a comunicación, a importancia de aprender a envellecer
dende a mocidade.
A INTERXERACIONALIDADE COMO FORMA DE VIDA

Para Deteriorados & Company, ademais de aprender a envellecer desde neno é necesario e urxente empoderar a palabra vello e vella, e desprendela dos prexuizos etarios que habitalmente a acompañan, así como desterrar outras acepcións do tipo: sénior, terceira idade… que non son máis que puros eufemismos. En lugar de presentar o noso proxecto cun Powepoint, facémolo con música.
O noso primeiro bolo grupal para Casa de Tolos
Abogamos por crear un lugar de encontro entre a mocidade e as persoas maiores que, con actitude colaborativa, queren seguir achegando coñecemento e experiencia á sociedade máis alá da xubilación. E sobre todo, que están interesados en deixar o seu legado nunha interacción interxeracional activa, transferindo á sociedade os seus excedentes de coñecemento e recibindo da mocidade a súa ousadía e vitalidade.

A palabra vello e vella necesita romper cos estereotipos negativos que leva asociados e gritar que existe unha nova xeración de maiores: vellos e vellas militantes e orgullosos de ter chegado a vellez cun espírito interxeracional. Por todo o dito afirmámonos en que: "vella/o sí, porque a outra opción é peor".

"QUEREMOS ROMPER COS ESTEREOTIPOS
ASOCIADOS Á IDADE DAS PERSOAS"
ESCOITACHES XA A NOSA
CASSETTE ?
Si, si, leíches ben… Empregamos cassettes recicladas para gravar os nosos temas de Country & Blues Heroico do Delta do Morrazo. Un repertorio singular con instrumentos atípicos plasmado nun formato que representa por completo a nosa filosofía.
Proceso de manufactura das cassettes

Contacto
deteriorados@gmail.com
+34 653 32 44 36
REDES
OUTROS
Aviso legal
Política de privacidade
Política de cookies