Deteriorados & Company
A BANDA: DETERIORADOS & companY
Deteriorados & Company é unha banda de Country & Blues Heroico do Delta do Morrazo, a punta da lanza comunicativa do proxecto de innovación social interxeracional Deteriorados.
Está composta por cinco persoas con idades cronolóxicas comprendidas dende os vinte anos ata os setenta. Formada por dúas persoas xubiladas: un profesor asociado da USC (Universidade de Santiago de Compostela) e un ex traballador do Concello de Vigo, ademais dunha pianista estoniana, un profesor universitario e unha recén graduada.
Caracterizados por un estilo moi singular, uns instrumentos pouco convencionais e un repertorio exclusivo, dende Deteriorados & Company levamos en forma musical a nosa por toda a comunidade galega. En vez de ir con un powerpoint, facémolo con música.














Deteriorados nace co desexo de continuar creando e desenvolvendo unha actividade cualitativa tras a xubilación. Un proxecto que, do mesmo xeito que sucede co grupo de música, sostén que é fundamental empoderar a palabra vello e vella, e desprendela dos perxuizos etarios que habitualmente a acompañan, así como desterrar outras acepcións do tipo: sénior, terceira idade… que non son máis que puros eufemismos. A palabra vello e vella necesita romper cos estereotipos que ten asociados e gritar que existe unha nova xeración de maiores: vellas e vellos con espírito interxeracional.
Os compoñentes

Chimay
PERCUSIÓN & VOZ
Deteriorado sénior

Fandi
DOBROS & VOZ
Deteriorado sénior

Anne
ACORDEÓN & PIANO
Deteriorada en proceso

Héctor
CONTRABAIXO
Deteriorado en proceso

Laura
VOZ
Deteriorada aspirante
ESCOITACHES XA A NOSA
CASSETTE ?
Si, si, leíches ben…
Proceso de manufactura das cassettes a cargo de Fandi
POR QUE UNHA CASSETTE?
Porque é toda unha declaración de intencións: queremos darlle unha nova vida a aquelas cintas que se viron abocadas a quedar esquecidas nun caixón.
Todas as cintas empregadas para a gravación son recicladas. Defendemos a economía circular e realizamos todo o proceso de fabricación da cassette de Deteriorados de forma artesanal e sostible.
Ademais, queremos facer unha homenaxe ao formato democrático por excelencia, que permitiu a grabación e reproducción de son no ámbito doméstico, a formación do que hoxe se chaman playlist para consumir a música persoalizada, e o consumo da música de xeito individualizado e en movemento a través do walkman.

Caixa que contén a cassete de Deteriorados
Escoita os nosos temas:
1. Os pementos de Padrón
2. Miudiño
3. San Simón
4. Patatitas
5. El alijo
6. Jodechinchos
7. Comediantes
8. O olivo
– Producido por Regalamúsica –
ATENCiÓN!
Se tes caixas ou estanterías cheas de cassettes na casa, nun alpendre, no fallado… e non sabes que facer con elas, podes enviárnolas para darlle unha nova vida coa música de Deteriorados. Así que, se as tuas cassettes languidecen e xa non fan nada na casa, escríbenos a: deteriorados@gmail.com
Quen dixo que non podía escoitarse nun coche?
Así as escoitan os nosos colegas
Laura optou por recuperar un xoguete da infancia
Contacto
deteriorados@gmail.com
+34 653 32 44 36
REDES
OUTROS
Aviso legal
Política de privacidade
Política de cookies